Inaugurada a mostra que rende tributo a Xosé Neira Vilas

Inauguración
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García Gómez, inaugurou no Centro Sociocultural a mostra ‘Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego’, nun acto ó que non poido asistir por razóns de saúde o autor da obra máis lida da literatura galega, Xosé Neira Vilas.
No acto celebrado no auditorio do Centro Sociocultural deronse cita máis dun cento de alumnos do último ciclo de Primaria do CEIP O Coto, e mailo IES Xulián Magariños, acompañados de mestres e responsables directivos do instituto, xunto coa participación do alcalde de Negreira, José Blanco Pazos, e mailo concelleiro de Cultura e Educación, Luís Calviño Pueyo, quenes estiveron acompañados polo primeiro tenente de alcalde, Juan Rey Maceira, e os alcaldes de A Baña e Santa Comba, así como a tenente de alcalde de Val do Dubra.
Unha proxección sobre a vida e obra de Xosé Neira Vilas abriu o acto, seguido das explicacións polo miudo do secretario xeral de Política Lingüística falando sobre Memorias dun neno labrego, e as razóns de ser desta mostra itinerante que en Negreira pode visitarse até o vindeiro día 28 de febreiro, de 16 a 20 horas, na sala de exposición na pranta baixa do Centro Sociocultural.











