publicidade hoxe

Fundación Alcoa, WWF e o Concello plantan 800 árbores en Gallamonde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMiño
A-
A+
Voluntarios que participaron

Voluntarios que participaron

Voluntarios da fábrica de Alcoa en Coruña iniciaron hoxe, 14 de febreiro, a plantación de 800 árbores autóctonas no lugar de Gallamonde do municipio de Miño.

Esta acción -co alcalde de Miño, Jesús Veiga, á cabeza- pretende a reconversión forestal dunha plantación de eucalipto a un bosque heteroxéneo composto por especies autóctonas.

Os voluntarios de Alcoa, alumnos do Colexio Público Castro Baxoi e membros da Asociación Cultural O’Castro de Miño comezarán a plantación organizada e supervisada por WWF España, que plantará un total de 800 plantóns de especies como bidueiros, carballos, pradairos, albedros, abeleiras e espiños, nunha superficie total de preto de dúas hectáreas. Colocaranse protectores individuais para protexelos dos animais e realizaranse gabias arredor dos plantóns para reter a auga

A actividade forma parte dun programa de reforestación liderado por WWF e financiado pola Fundación Alcoa con 55,000 dólares que se desenvolve en diferentes partes de España. E pretende loitar contra a desertización, a fragmentación dos hábitats e o cambio climático. Alcoa enmarca esta acción no seu proxecto Dez Millones de Árboles, polo que a compañía se compromete a plantar a devandita cantidade antes de 2020 en colaboración cos seus empregados e as comunidades do seu ámbito. A través deste programa, Alcoa contribúe a preservar o medioambiente nas zonas nas que está presente. En concreto, os 10 millóns de árbores novas, absorberán máis de 250.000 toneladas métricas de dióxido de carbono ao ano ao longo da súa vida.

25 de febreiro de 2013 | 20:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.