FIMO e proxectos europeos entre as propostas da OMIX

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTomiño
A-
A+
Participantes

Participantes

A oficina está ultimando a programación de actividades para a primavera

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Tomiño, presenta novas actividades, dirixidas á mocidade, para os meses de febreiro e marzo.

Neste mes comezou un Obradoiro de Fimo (pasta para modelar), no que os/as participantes aprenden a traballar coa arxila polimérica, para realizar broches, pendentes, colgantes, pulseiras, chaveiros, etc. Este taller terá unha duración de tres semanas, cunha duración total de 8 horas.  O obradoiro  será de balde, aínda que os alumnos/as teñen que aportar o material.

O vindeiro 1 de marzo, as dúas voluntarias europeas residentes en Tomiño, darán unha charla sobre o SVE (Servizo de Voluntariado Europeo) dirixida a aquelas persoas de entre 16 e 30 anos, interesadas en realizar un proxecto de voluntariado nun país europeo, durante un ano como máximo, e case de balde.

Alén disto, a OMIX está ultimando a Programación de Primavera. As persoas interesadas nalgunha destas actividades, poden contactar coa OMIX chamando ao número de teléfono 986 623 304, enviando un email a omix@concellotomino.como, entrando en Facebook (OMIX TOMIÑO) ou na páxina web do concello (www.concellotomino.com).

20 de febreiro de 2013 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.