Familiarización coas novas tecnoloxía en Palas de Rei a cargo de Moviestar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPalas de Rei
A-
A+

O venres 1 de marzo na Praza do Concello de Palas de Rei haberá unha aula móbil de Moviestar impartindo obradoiros de navegación en Internet, coa finalidade de ensinar a solicitar unha cita médica, a facer unha compra online ou a facer consultas de información. O obradoiro será gratuíto e poderán asistir dende as 14,30h ás 19,00h.

Esta actividade enmárcase dentro da segunda fase do Roadshow Movistar Galicia, unha aula mobil que visita 82 municipios e que ten como obxectivo trasladar as vantaxes de Internet á poboación rural beneficiada polo Plan de Banda Longa da Xunta de Galicia.

28 de febreiro de 2013 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.