Diferenciación, fidelización, promoción e adaptación á demanda ante a crise

Presentación de Proturga
Creación de novos produtos, diferenciación, especialización, asociacionismo, novas ferramentas de promoción e comercialización, fidelización e tamén análise e adaptación á demanda. Estas foron as 7 medidas turísticas innovadoras para fortaleces ás empresas en tempos de crise que deu a coñecer esta tarde Fátima Cachafeiro Blanco, consultora de turismo, no marco do salón Turexpo Galicia, o cal se celebra dende onte e ata mañá no recinto Feira Internacional de Galicia.
No transcurso da xornada “Innovación empresarial turística ante a crise” esta experta tamén analizou algúns casos de éxito polo emprego destas sete medidas, como é o de Cootouring, unha empresa de Santiago de Compostela especializada en turismo cultural. Así mesmo, animou aos profesionais presentes a innovar para superara a situación que se vive no sector, marcada,entres outras cousas, por viaxes máis curtas e menor gasto dos viaxeiros.
Por outra banda, no marco desta xornada, Iria Caamaño Franco, docente da Universidade de A Coruña e guía especializada na comunidade de Galicia, falou das importantes oportunidades que ofrece o turismo industrial para ampliar a oferta turística dun determinado lugar, destacando que na maioría non se precisa de gran inversión, xa que sería suficiente con habilitar e facer seguros os inmobles ou fábricas de interese como recurso turístico.
Neste sentido, deu a coñecer algúns exemplos a nivel europeo, como a mina de sal de Wieliczka, en Polonia, ou Ironbridge, vila de Inglaterra considerada a cuna da revolución industrial que emprega a 2.000 persoas no sector do turismo e é visitada por 800.000 persoas ao ano. Xa en Galicia deu a coñecer proxectos que están a contar con gran acollida, como a Ruta da Construción Naval en Ferrol ou as visitas a Citroen, Astaleiros e cámaras de Pescanova en Vigo, ao tempo que deu algúns exemplos que poderían converterse nesta cidade nun atractivo turístico, como a súa antiga Panificadora.
Así mesmo, Iria Caamaño fixo fincapé no económico que resulta este tipo de turismo, tendo en conta a situación actual, apuntando que a Ruta da Construción Naval de Ferrol costa entre 2 e 3€ por persoa.
A xornada foi introducida por Verónica Pichel Guisande, presidenta da Asociación de Profesionais de Turismo de Galicia (Proturga), organizadora da xornada, quen deu a coñecer a entidade aos asistentes.
Proturga
Creada en 2009, Proturga é unha asociación que vixila e tutela os intereses dos profesionais do sector turístico galego, establecendo relacións entre eles para crear unha Rede Social de Profesionais do Turismo. A través de actividades e proxectos búscase o recoñecemento social dos profesionais do sector, sempre en colaboración con outras asociacións e entidades de carácter público e privado.











