Dez cursos formativos na aula CeMIT de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVerín
A-
A+

Durante o vindeiro mes de marzo a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará dez novos cursos formativos para os/as usuarios/as interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías.

Os cursos que terán lugar son: procura de información na Internet, o correo electrónico: webmail, ferramentas na nube, a oficina virtual (e Administración), DNI electrónico e certificados dixitais, procesador de textos writer, compras seguras na internet, sacándolle partido a Google, redes sociais, e non tires nada: véndeo ou trócao na Internet. Os mesmos serven de continuación aos outros dez impartidos entre xaneiro e febreiro, que foron de iniciación á informática, procura de información na Internet, procesador de textos,  retoque fotográfico (GIMP) e cámara de fotos dixital.

Todas as persoas interesadas en participar nestes cursos deben realizar a súa inscrición na Biblioteca Pública Municipal de Verín ou tamén na web da Rede CeMIT. Para máis información dirixirse a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, situada na Avenida de Portugal, nº 11, no teléfono 988-414776 ou nos correos electrónidos :dinamizacion@verin.net ou cemit.verin@xunta.es

Durante o ano 2012, a Aula CeMIT impartiu un total de 58 cursos, tanto de alfabetización dixital (alfabetización dixital básica, ocio e internet, operacións a través de internet ou ofimática, entre outros) como de mellora continua dos usuarios (capacitación especializada), sumando un total dun millar de participantes.

22 de febreiro de 2013 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.