Desfile infantil do entroido na Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaLocal
A-
A+
Instante do desfile

Instante do desfile

Na mañá do venres 8 de febreiro, centos de nenos invadiron as rúas da Guarda cos seus coloridos disfraces. En torno as 12 da mañá iniciábase o Desfile infantil polos nenos da Gardería Municipal. Tras de eles continuaban os colexios das HH. Carmelitas, San Xerome,  CEIP Manuel Rodríguez Sinde, PP. Somascos e CEIP As Solanas.

O Percorrido que transcorreu polas rúas Galicia e Porto Rico ata desfacerse na baixada á Area Grande, durou aproximadamente 1 hora, durante a cal puidemos disfrutar coas diferentes temáticas: paiasos ó ritmo dunha divertida coreografía; exipcios coas súas momias e tumbas características; os mesías de Moisés; un xardín ó que non lle faltaba de nada:plantas,  insectos, árbores… ; O restaurante co seu menú do día; os magos da Gardería e os instrumentos musicais.

Con este desfile ábrese a programación de Entroido, que continuará o Domingo, Luns e Martes  coas habituais orquestras na Alameda a partir das 18h. E a película de cinema infantil “Río”, o mércores ás 17:30 no Centro Cultural.

Como guinda desta programación o Martes de Entroido ás 17.30h, realizarase o DESFILE-CONCURSO, no que este ano participaran preto de 200 persoas. Ademais dos participantes inscritos, todo aquel que o desexe poderá unirse ó mesmo, fora de concurso.

11 de febreiro de 2013 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.