publicidade hoxe

Cursos do Plan Integral de Agricultura Ecolóxica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáLocal
A-
A+

Ti mais que ninguén sabes que Lugo é unha provincia con múltiples posibilidades, o crecemento da agricultura ecolóxica está creando novas oportunidades de emprego.

Si levas tempo dándolle voltas para levar á práctica esa idea que tes en mente, a Deputación de Lugo intentará axudarche a facela realidade co Plan Integral de Agricultura Ecolóxica, unha iniciativa de formación e asesoramento técnico especializado para que os lucenses creen ou reconvertan empresas vinculadas á agricultura ecolóxica.

Este Plan nace no marco de Lugo2 Provincial e ten como ámbito de actuación o sur da provincia de Lugo.

Intenta apoiar o desenvolvemento económico do sector en Lugo, promocionar a actividade agrícola da provincia, así coma fomentar o consumo dos alimentos ecolóxicos. Desta forma preténdese poñer en valor o sector agrícola lucense, favorecendo a unión e a cooperación dos compoñentes que o integran e facendo fincapé nas súas fortalezas e oportunidades.

O proxecto Lugo2 Provincial está cofinanciado nun 80% polos fondos FEDER e ten como obxectivo principal o desenvolvemento da provincia de Lugo a través da posta en valor dos recursos naturais dispoñibles, a sensibilización ambiental de habitantes e visitantes, a mellora da eficiencia enerxética e a busca dun modelo económico sostible dende o punto de vista ambiental.

Podes obter máis información en:

Teléfono: 982.881.878

Correo electrónico: piagricultura@deputacionlugo.org

Web: www.planintegralagricola.info

A inscrición aos cursos comezará o 25 de febreiro e a selección será en rigorosa orde de recepción.

Axuntamos ficha de inscrición que deberá ser remitida por correo electrónico a partir de dita data e que tamén a poderán atopar na páxina web indicada anteriormente que estará dispoñible a partir do 25 de febreiro. Ditos cursos son totalmente gratuítos para os alumnos. Tampouco se lle aboará aos alumnos os posibles gastos nos que incorran por asistir aos cursos.

25 de febreiro de 2013 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.