publicidade hoxe

Cursos de repostería creativa para elaborar “Cupcakes”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSarria
A-
A+

Neste curso nos centraremos na elaboración e decoración de cupcakes. Será un curso de iniciación no que entraremos en contacto coas principais ferramentas e ingredientes que se empregan con estes doces, coñeceremos algunhas das receitas máis populares e aprenderemos a decoralos.

  • Datas: Sábado 9 e Domingo 10 de marzo 2013
  • Lugar: Granxa Escola de Barreiros

Obxetivos

  • Coñecer e saber empregar os materiais e as ferramentas que se precisan na elaboración e decoración dos cupcakes.
  • Adquirir os saberes necesarios no relativo aos ingredientes máis usados nas receitas de cupcakes.
  • Coñecer as receitas de cupcakes máis coñecidas, tanto do biscoito como da cobertura.
  • Aprender a traballar o fondant.
  • Saber manexar unha manga pasteleira.
  • Saber decorar un cupcake tanto con crema como con fondant.

O curso será impartido pola especialista Sara Pequeño.

Horario: Debido ao límite de prazas (10-12 persoas), este curso terá dúas convocatorias a elexir: sábado 9 de marzo de 16:30 a 20:30 horas, e domingo 10 de marzo de 10:00 a 14:00 horas.

O prezo do curso é de 45 euros (adultos), 40 euros (de 10 a 14 anos).
Este prezo inclúe: clases e material necesario, descanso con café e doces.

25 de febreiro de 2013 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.