Curso de Gravación de Teatro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVila de Cruces
A-
A+

O Concello de Vila de Cruces organiza un curso de Gravación de Teatro.

Consiste na gravación dunha telenovela onde os protagonistas crearán un guión e ó final presentarase a todos os públicos. O curso terá unha duración dunha hora e media á semana durante tres meses.

Hai que anotarse antes do mércores 20 de febreiro e farase unha reunión para acordar o horario.

O curso comezará na última semana de febreiro.

Para inscricións e máis información no Concello ou no nº de teléfono 986582017.

11 de febreiro de 2013 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.