publicidade hoxe

Concurso de Comparsas de Carnaval

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaLocal
A-
A+

O vindeiro domingo día 10 de febreiro terá lugar no noso concello o Concurso de comparsas, de acordo coas seguintes BASES:

A participación implica a aceptación destas bases e está aberta a todas as asociacións de veciñas e veciños, culturais, xuvenís, grupos , colexios, etc.. As cuestións de dúbida, interpretación ou imprevisto que xurdan no desenvolvemento do Entroido serán resoltas pola Concellería de Cultura.

O desfile terá lugar o domingo 10 de febreiro.

Existen unicamente dúas categorías:

-Infantil (ata os 14 anos incluídos)

-Adulto (a partir de 15 anos)

Considérase comparsa infantil, aquela que ten un mínimo de 60 % de nenas-os (ata os 14 anos incluídos) , todas aquelas comparsas que no cumpran esta porcentaxe serán consideradas adultas.

As comparsas deberán ter un mínimo de cinco compoñentes.

O lugar de concentración de todas as comparsas será a explanada traseira do CPI da Cañiza da Cañiza, sito na Rúa Carballo do Marco.

A hora fixada para a devandita concentración das comparsas é ás 16:30 h., de tal xeito que ás 17 h. todas as presentes sairán en desfile cara ao Pavillón Municipal.

A inscrición das comparsas farase na O.M.I.X. da Cañiza (sita na Casa de Cultura) en horario de 16 a 20:00 h. ou ben na B.P.M. da Cañiza (sita na rúa Progreso nº 21) en horario de 10:00 a 13:00 h. e de 16:30 a 20h.

O prazo improrrogable de inscricións de comparsas remata o 7 de febreiro ás 13 h.

Para este concurso establécense os seguintes premios por categorías:

Comparsas de adultos.

1º Premio : 500 €

2º Premio : 300 €

3º Premio : 200 €

Comparsas infantís.

1º Premio : 500 €

2º Premio : 300 €

3º Premio : 200 €

O Concello da Cañiza ofrece unha axuda/subvención de 6 € para todos os participantes que completen o desfile, cun límite máximo de 300 euros independentemente do número total de participantes, e cuxos membros estean maioritariamente empadroados no Concello da Cañiza.

O concurso de comparsas terá un xurado constituído por un mínimo de tres compoñentes, que terá en conta para tomar a súa decisión: o desfile , a calidade dos disfraces ( se son comprados ou feitos a man), a actuación, a graza e o bo humor co que se leva o disfraz. Así mesmo, este xurado poderá descualificar a aqueles participantes que non reúnan a calidade necesaria, quedando estes sen dereito a premio e a subvención.

A actuación das comparsas participantes terá lugar no Pavillón Municipal da Cañiza e realizarase por orde de inscrición.

As axudas (seis € / participante) e os premios serán entregados polas autoridades asistentes, unha vez rematen todas as actuacións.

A participación neste concurso leva implícita:

-A aceptación destas bases.

-A recollida da subvención e do premio, se é o caso, por parte de, polo menos, un integrante de cada comparsa, no palco montado para a ocasión, no mesmo lugar da actuación.

-Non está permitido o acceso á pista de ningún tipo de vehículo ou animal.

8 de febreiro de 2013 | 11:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.