Concerto de Arts Ensemble
A agrupación Arts Ensemble dará un concerto no auditorio municipal de Mondoñedo o próximo 16 de febreiro ás 12:30h.
Este conxunto formouse en setembro de 2010 baixo a mestría do clarinetista Iván García.
Composto por estudantes da especialidade de vento, madeira e trompa, todos os seus integrantes teñen unha actividade regular xa sexa con orquestras novas, colaborando con orquestras profesionais, de forma solística, ou en agrupacións camerísticas. O seu repertorio abrangue dende o Clasicismo ata o S. XXI. Dende a súa formación, non pararon de traballar neste proxecto con ilusión e ganas de que a súa música non só quede restrinxida nas aulas, queréndoa compartir convosco.
As entradas para gozar deste concerto, organizado pola asociación cultural “Ou Pasatempo”, terán un custo de 3 €.











