Concentración de preto de 100 autocaravanas en Turexpo Galicia 2013

Concentración de autocaravanas
A Asociación Galega de Autocaravanas (AGA) celebrou a súa asemblea xeral no marco do salón Turexpo Galicia, o cal se leva a cabo dende onte e ata mañá no recinto Feira Internacional de Galicia.
Durante o seu transcurso a directiva da asociación destacou que os concellos están a cambiar de mentalidade en canto ás autocaravanas, comezando a consideralas unha oportunidade turística e deixando de velas como un estorbo. Así mesmo, entre outros aspectos, presentaron a programación das súas actividades para 2013 e derón a coñecer a web de AGA.
Esta asemblea coincide cunha concentración no recinto feiral de cerca de 100 autocaravanas e entorno a 240 socios de AGA procedentes de distintos puntos das catro provincias galegas, de Cantabria e de Asturias (adxúntase fotografía).
Despois da asamblea os caravanistas disporán de tempo libre para coñecer os diversos destinos, establecementos, actividades, ofertas e paquetes turísticos presentes na área expositiva do salón. Así mesmo, poderán acudir a algunha das conferencias e presentacións do certame, participar nos seus sorteos e degustacións e realizar actividades de turismo activo.











