Concello e comercio colaboran nunha campaña con premios para os veciños solidarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

Os xestos solidarios teñen premio na real vila de Neda. Así, dous establecementos comerciais da localidade –Tu Peluquería e o Supermercado Claudio ubicado na Toeleira– decidiron poñer en marcha unha campaña de axuda ás familias con es-casos recursos económicos e, nesa causa, como vén sendo habitual, contan coa colaboración do Concello. A través da mesma, ambos negocios invitan aos seus clientes a entregar produc-tos alimenticios non perecedoiros nuns caixóns habilitados ao efecto. Periodicamente, o de-partamento municipal de Servizos Sociais realizará a recollida para a súa posterior entrega ás familias con menos recursos.

A novidade da iniciativa é que, por cada artigo depositado, os clientes recibirán unha rifa para participar no sorteo de diferentes productos donados polos propios establecementos. Sorteos que se celebrarán a finais de cada mes. Aínda que a iniciativa solidaria parte destes dous ne-gocios, o Concello anima aos restantes comercios a sumarse á campaña.

27 de febreiro de 2013 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.