Concello e centros educativos inician unha campaña de recollida de alimentos
De cara á Semana Santa, o Concello de Neda, a través da Concellaría de Servizos Sociais, poñerá en marcha unha cam-paña de recollida de alimentos en colaboración cos centros educativos da vila (colexios San Isidro e Maciñeira e IES Fernando Esquío). A comunidade edu-cativa xogará un papel fundamental, xa que contribuirá a elevar as reservas do Banco Municipal de Alimentos que, periodicamente, se nutre dos produtos que remite Cruz Vermella. Alimentos e produtos de primeira necesidade que á súa vez Servizos Sociais distribúe cada mes entre as 45 familias con escasos recursos inscritas no departamento municipal. Baixo o lema “Un neno, un alimento”, alumnas e alumnos dos diferentes centros poderán participar na campaña coas súas entregas. Así mesmo, cada curso terá asignado un produto concreto -pasta, aceite, galegas, arroz… – para lograr que as cestas que se entreguen ás familias vaian equilibradas. De igual modo, todo o estudiantado poderá axudar a maiores achegando cartóns de leite. En canto a calendarios, a campaña arrancará o próximo luns, 25 de febreiro, con data tope o 22 de marzo. O obxectivo de Servizos Sociais é iniciar a entrega ás familias o 25 de marzo.
Ademais da colaboración fundamental de Cruz Vermella, as axudas que entrega o Concello en forma de alimentos nútrense dos excedentes de produción de firmas comerciais asentadas na localidade e con compras directas que reali-za a Administración local. Así, a achega de Neda excede na actualidade os 6.000 euros anuais. Esas cestas da compra inclúen produtos de primeira ne-cesidad como leite, pasta, arroz, aceite ou galletas, pero tamén se ten en conta a composición dos fogares, prestando especial atención aos meno-res de idade.De cara á Semana Santa, o Concello de Neda, a través da Concellaría de Servizos Sociais, poñerá en marcha unha cam-paña de recollida de alimentos en colaboración cos centros educativos da vila (colexios San Isidro e Maciñeira e IES Fernando Esquío). A comunidade edu-cativa xogará un papel fundamental, xa que contribuirá a elevar as reservas do Banco Municipal de Alimentos que, periodicamente, se nutre dos produtos que remite Cruz Vermella. Alimentos e produtos de primeira necesidade que á súa vez Servizos Sociais distribúe cada mes entre as 45 familias con escasos recursos inscritas no departamento municipal. Baixo o lema “Un neno, un alimento”, alumnas e alumnos dos diferentes centros poderán participar na campaña coas súas entregas. Así mesmo, cada curso terá asignado un produto concreto -pasta, aceite, galegas, arroz… – para lograr que as cestas que se entreguen ás familias vaian equilibradas. De igual modo, todo o estudiantado poderá axudar a maiores achegando cartóns de leite. En canto a calendarios, a campaña arran-cará o próximo luns, 25 de febreiro, con data tope o 22 de marzo. O obxectivo de Servizos Sociais é iniciar a entrega ás familias o 25 de marzo.
Ademais da colaboración fundamental de Cruz Vermella, as axudas que entrega o Concello en forma de alimentos nútrense dos excedentes de produción de firmas comerciais asentadas na localidade e con compras directas que reali-za a Administración local. Así, a achega de Neda excede na actualidade os 6.000 euros anuais. Esas cestas da compra inclúen produtos de primeira ne-cesidad como leite, pasta, arroz, aceite ou galletas, pero tamén se ten en conta a composición dos fogares, prestando especial atención aos meno-res de idade.











