publicidade hoxe

Colaboración coa Cámara de Comercio de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilar de Santos
A-
A+

A dinamización económica é un obxectivo prioritario para o Concello de Vilar de Santos. En colaboración coa Cámara de Comercio de Ourense, buscamos establecer accións de promoción e internacionalización das empresas do concello.

Tivo lugar unha reunión informativa na que participaron empresarios, xunto con técnicos da Cámara e do concello.

Queremos reforzar as bases para que as empresas de Vilar de Santos teñan novas posibilidades de negocio  e buscar novas alternativas para incentivar e facilitar a actividade económica co fomento da actividade exportadora-importadora.

Estas actuacións demostran a aposta do grupo de goberno do Concello por seguir impulsando e fomentando a economía produtiva, establecendo o marco adecuado para favorecer non só a inversión e instalación de novas empresas e servizos senón tamén fomentando a actividade empresarial no exterior, tan necesarios nunha coxuntura como a actual e significa un paso mais no noso obxectivo de converter Vilar de Santos nunha área industrial e de promoción económica e emprego importante na provincia.

22 de febreiro de 2013 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.