Clausura das Xornadas de Enfermaría na Coruña

O rexedor na xornada de clausura
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, clausurou, esta mañá, as Xornadas do Colexio Oficial de Enfermaría ‘O papel da enfermaría na sostenibildiad do sistema sanitario’. Nelas, o rexedor reivindicou o importante papel da enfermaría e o seu desenvolvemento nos últimos anos dentro do sistema sanitario e agradeceu o seu esforzo a todos os profesionais da saúde. Ademais, asegurou que a sanidade é unha prioridade e que é necesario impulsar a cooperación e a innovación tendo sempre moi presente o aspecto ético.











