Certame de Teatro
A concelleira de Educación e Cultura, Pilar López, reunirase mañá xoves cos representantes dos centros de ensino que participarán no XXII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte de Lemos.
A reunión celebrarase ás 16:00 h. na Casa do Concello e na mesma definiranse as datas de actuación de cada un dos grupos participantes, datas que deberán comprenderse entre os días 3 de abril e 14 de maio.











