publicidade hoxe

Campeonato Provincial Scalextric

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaSoutomaior
A-
A+
Scalextric

Scalextric

SLOT RIAS BAIXAS organiza dúas novas probas de slot o fin de semana do 22 e 23 de Febreiro, en Vigo e Soutomaior.

O venres 22, a partir das 21 h, terá lugar a primeira etapa do primeiro rallye do campionato SRB 2013, será un rallye tipo WRS con coches exclusivamente de grupo N, e modelos que representen coches que disputasen o Campionato do Mundo de Rallys nos últimos 15 anos, entre 1998 e 2013. 

Haberá unha clasificación por equipos de pilotos que participen co mesmo modelo na mesma decoración, con 2 ou 3 coches.

Non se poderán repetir equipos co mesmo modelo e decoración, primando a orde de inscrición. Haberá tamén unha categoría de Clásicos con dúas divisións, Gr.B (82-86) e Gr.4 (78-82) con modelos que representen coches participantes no Campionato do Mundo de Rallys, e regulamento de clásicos do campionato galego 2013 ou gr.N. En total, WRC + Clásicos, cada piloto pode presentar un máximo de 3 coches en divisións diferentes.

O sábado 22 disputarase a segunda etapa, opcionalmente, a partir das 16h. Ao termo desta, desprazarémonos a Soutomaior a celebrar a segunda proba do CAMPIONATO PROVINCIAL DE F1 e a primeira de CAMIÓNS

DATA LUGAR DA PROBA

09/02/2013 VIGO 09/03/2013 SOUTOMAIOR

13/04/2013 VIGO

18/05/2013 SOUTOMAIOR

08/06/2013 VIGO

21/09/2013 SOUTOMAIOR

12/10/2013 VIGO

09/11/2013 SOUTOMAIOR

14/12/2013 VIGO

Estamos a gañar considerable afección en Soutomaior(un equipo de soutomaior quedou 3º nunha proba internacional de en Portugal. Unha proba moi difícil e de 24 horas de duración.

Deixolle un link para que poda difundir no seu facebook este logro.

Pode identificar a Brais e Pedro Lorenzo de Soutomaior. O equipo incluía 2 pilotos de Vigo e 1 de Pontevedra.

20 de febreiro de 2013 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.