Biomasa Forestal arrinca o proceso de producción de pellets na fábrica das Pontes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesLocal
A-
A+

A pranta de Biomasa forestal está xa a traballar na nosa vila á espera de competar o plantel para acadar os obxectivos cos que se recuperaba esta iniciativa industrial. Logo dun proxecto empresarial que non se chegou a formalizar, a empresa Nuevas Tecnologías y Bioenergía do grupo Gestán asumía a pranta de Penapurreira con expectativas mesmo máis ambiciosas. Esta nova fábrica partirá cunha producción inicial de 55.000 toneladas de pellets destinadas á venda para calefacción ou para xerar enerxía, pero nun prazo aproximado dun ano confíase en incrementala ata as 80.000 toneladas, producción da que un 80% terá como obxectivo a exportación a países coma Holanda ou Gran Bretaña. Segundo o plano de negocio presentado por Gestán, está previsto dupricar a capacidade de producción cunha nova inversión de 2 millóns de euros que se sumarán as melloras xa realizadas coma a colocación dunha cuberta no almacén para reducir a humidade da biomasa durante o seu proceso de tratamento ou xa, no vindeiro exercizo, a adquisición dunha nova pelletizadora e descortizadora.

27 de febreiro de 2013 | 10:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.