Axudas do plan de impulso ao medio ambiente “Pima Aire”
Obxecto: concesión directa de axudas para a adquisición de vehículos da categoría M1 con carrozaría AF Multiuso (vehículos de motor con polo menos catro rodas deseñados e fabricados para o transporte de pasaxeiros e o seu equipaxe ou mercancías nun compartimento único), destinados a uso comercial, e da categoría N1 (vehículos cunha masa máxima que non supere as 3,5 toneladas, deseñados e fabricados para o transporte de mercancías).
As axudas concederanse ás adquisicións de vehículos novos ou usados de ata un ano de antigüidade dende a primeira matriculación, que se produzan a partir da entrada en vigor e que as súas solicitudes fosen rexistradas no sistema electrónico de xestión da subvención antes do 31 de decembro de 2013, salvo esgotamento previo do orzamento.
Beneficiarios:
a) Persoas física que estean cotizando no réxime da Seguridade Social de autónomos. No caso dos profesionais autónomos, deberán estar dados de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retenedores
b) As empresas privadas con personalidade xurídica propia e co seu correspondente Número de Identificación Fiscal..
Conceptos subvencionables:
As axudas destinaranse á adquisición dun vehículo novo ou usado de ata 1 ano de antigüidade dende a primeira matriculación ata a solicitude das axudas e, neste caso, con titularidade en poder do concesionario, punto de venda ou fabricante/importador do vehículo.
Contía das axudas:
a) Vehículo de categoría M1 con carrozaría AF Multiuso ou categoría N1 menor de 2.500 Kg: 1.000 euros por vehículo
b) Vehículo de categoría N1 igual ou maior de 2.500 Kg: 2.000 euros por vehículo.