As obras nas estradas da Paxariña e da Lavandeira xa se están a executar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalceda de Caselas
A-
A+
Visita ás obras de mellora

Visita ás obras de mellora

Xa están a ser executados os PEIM 2011 nos camiños da Paxariña- A Feria do barrio da Feira e o Camiño da Lavandeira ata a Igrexa da parroquia de Parderrubias . Este Convenio de cooperación establecido entre o Concello de Salceda de Caselas e a Consellaría de Medio Rural e do Mar, ascende a unha partida total de 77.0156,95€.

A Consellería de Medio Rural é a encargada de executar a obra solicitada pola Concellería de Vías e Obras do Concello de Salceda en dúas conexións que presentan unha gran necesidade para a mellora do seu firme, sendo a empresa adxudicataria TRAGSA.

As obras da Paxariña, sita no Barrio de A Feira, xa está en marcha. A obra que se está a realizar neste punto é a reposición da capa de rodaxe nunha lonxitude de 604m, nunha estrada que presentaba xa grietas no firme, que dificultaban a conducción dos veciños e veciñas, e que presentaba unha elevada probabilidade de poder ocasionar algún incidente. O orzamento da pista ascende a un total de 37.366,03 €.

O outro punto no que se está a traballar é na estrada da Lavandeira-Igrexa en Parderrubias, no barrio do Piñeiro, onde xa se están a facer os retranqueos de muros, obra para a cal o Concello investiu un montante de 15.000 € de fondos propios para que TRAGSA poda iniciar as obras para a realización do firme, en total son 270 m e o ancheamento da vía que vai a permitir o paso de vehículos pola mesma. Esta estrada permitirá o paso a un determinado número de casas, que tiñan un difícil acceso, así como unha saída viaria máis directa. 39.642,25€

Fortunato Álvarez, Concelleiro de Vías e Obras, considera que “son dúas obras fundamentais polo importante nivel de cobertura que vai a prestar aos veciños. Na actualidade é complicado poder mellorar todas as estradas do noso Municipio, pero na medida das nosas posibilidades, traballaremos arreo para tentar dar unha maor cobertura aos nosos veciños e veciñas, a través das melloras comunicacións intramunicipais”.

22 de febreiro de 2013 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.