Ares reordena as numeracións das vivendas da zona rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

Os numerosos problemas e disfuncións que se xeraban na zona rural do municipio de Ares (Caamouco, Chanteiro e Cervás), ao non existir unha numeración correlativa das vivendas ubicadas na mesma zona e con rúas e ramais sen nome, teñen os días contados porque o Concello está levando a cabo a ordenación de dita numeración co obxectivo de evitar ditas incorrecións.

Deste xeito, todos os ramais da zona rural terán nome, recuperando os seus topónimos orixinais e tradicionais, ao tempo que se porá unha numeración independente e correlativa das vivendas ubicadas en cada un deles.

Na actualidade, o Concello está a comunicar por escrito a todos os veciños e veciñas que están nesta situación os cambios que se están a levar a cabo.

26 de febreiro de 2013 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.