Amplíase o prazo para solicitar bolsas escolares e para servizos de conciliación
O Concello acaba de ampliar o prazo para solicitar as axudas de bolsas para estudos ou para gastos de gardería e outros servizos que permitan conciliar a vida familiar e laboral. O 16 de marzo remata o periodo para solicitar as bolsas escolares de estudos obrigatorios e postobrigatorios. O 15 de novembro será a data tope para presentar a solicitude para os servizos de conciliación.
Este ano destínanse a este capítulo 20.000 euros. Desta cantidade, 15.000 euros irán destinados ao alumnado de estudos obrigatorios -infantil, primaria e secundaria- que estean matriculados en San Sadurniño ou nalgún concello limítrofe. Nese caso as familias que cumpran cos requisitos de renda poderán obter ata un máximo de 200 euros por neno/a. No mesmo capítulo tamén se inclúe a quen curse ensinanzas posobrigatorias como son os bacharelatos, os ciclos formativos ou os estudos universitarios oficiais en centros públicos fóra do concello de San Sadurniño e dentro do territorio de Galicia, que poderán obter unha axuda de ata 600 euros.
Por outra banda os orzamentos municipais tamén reservaron 3.000 euros en concepto de axudas para cubrir gastos de servizos de conciliación, como é o caso de escolas infantís para nenos e nenas de 0 a 3 anos e outros centros autorizados para coidar dos pequenos mentres os pais traballan. Neste caso a axuda poderá ser, como máximo, de 300 euros por neno.
Os 2.000 euros restantes ata completar a partida resérvanse para atender posíbeis situacións socioeconómicas especiais.
Trala ampliación do prazo decidida polo Concello as solicitudes poderanse presentar ata o 16 de marzo no caso das bolsas para estudos obrigatorios e postobrigatorios, mentres que para os servizos de conciliación as axudas poderán solicitarse ata o 15 de novembro. Os impresos necesarios e as bases destas axudas están a disposición das persoas interesadas nas oficinas do Concello











