Actuacións da Policía Local no Concello da Coruña no xoves 28 de febreiro
ACCIDENTES
Nas últimas vinte e catro horas o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou os seguintes accidentes de circulación nas vías da cidade:
– Un accidente de circulación, da clase atropelo, acontecido ás 13:55 horas no número 12 da Praza Esteban Lareo, encontrándose implicados un vehículo Ford Fiesta, conducido un varón de 42 anos, e un peón de 36 anos de idade que resultou ferido de carácter leve.
– Un accidente de circulación, da clase atropelo, acontecido ás 19:10 horas, sobre o paso de peóns situado á altura do núm. 43 da rúa Joaquín Planells Riera, véndose implicados un vehículo Peugeot 307, conducido por unha muller de 58 anos de idade e un peón de 11 anos de idade, que foi trasladado por unha ambulancia do 061 ao centro hospitalario.
CONTROIS PREVENTIVOS DE SEGURIDADE VIAL
– Un denunciado por un delito contra a Seguridade vial por conducir sen obter nunca a autorización administrativa para conducir correspondente. O condutor dunha furgoneta Citroën C15 de 33 anos foi detectado ás 16:40 horas por infracción de tráfico á altura do núm. 19 da rúa Eusebio la Guardia, sendo citado para Xuízo Rápido.
– Un denunicado por alcoholemia administrativa.Un condutor de 39 anos de idade foi detectado por control itinerante ás 01:25 horas na confluencia das rúas Rúa Nueva e San Andrés.
– Un denunciado por alcoholemia administrativa. O condutor de 32 anos de idade foi detectado por control itinerante en Paseo de Rolda núm. 41. Do vehículo que conducía, un Seat Toledo, fíxose responsable unha coñecida do condutor.
RECUPERACION DE VEHICULO SUSTRAIDO
Ás 19:15 horas e por aviso da Sala do 092 trasládase unha patrulla á rúa Obradoiro, n.º 51, onde se encontra un vehículo da marca Ford modelo Orion con síntomas de ter sido subtraído.
Unha vez no lugar, a patrulla observa que a bomba de aire do fecho dianteiro esquerdo forzado así como a ponte realizada na parte inferior do volante. Unha vez que se comprobou que figura como subtraído, este foi trasladado ao deposito municipal.











