Acto de agradecemento da Asociación Galega de Autocaravanas a Turexpo Galicia

AGA en Turexpo
A Asociación Galega de Autocaravanas (AGA) obsequiou á organización do certame en agradecemento á súa colaboración na concentración de autocaravanas e a asemblea levadas a cabo estes días no recinto.
O presidente de AGA, Jorge Ferreiro, quen destacou a boa acollida coa que contaron, foi o encargado de entregarlle un obsequio conmemorativos ao director da Feira Internacional de Galicia, Pedro Corbacho. Este agradeceu a súa presenza e anunciou que ambas entidades comezaron xa conversas sobre a posiblidade de acoller unha área de descanso para autocaravanas no recinto.
Pola súa banda o vicepresidente da Asociación, Gumersindo López López, fixo entrega dun obsequio a Matías Rodríguez, concelleiro de Cultura, Educación, Turismo e Participación Cidadá do Concello de Silleda, quen tamén lles entregou un presente e lles agradeceu a presenza dos caravanistas na vila, destacando a importancia económica do seu paso por Silleda e expresando o seu desexo de colaborar noutras ocasión.
AGA concentrou na Feira Internacional de Galicia a cerca de 100 autocaravanas e 240 socios dende o pasado venres, ao tempo que celebrou onte a súa asemblea anual, aproveitando a celebración de Turexpo Galicia 2013.











