Actividades Maiores en Activo no Rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal
A-
A+

O prazo de inscrición para participar no  programa de Actividades Maiores en Activo no Rural permanecerá aberto ata o día 22 de febreiro.

Poderán participar nas Actividades contempladas no Programa as persoas que cumpran os seguinte requisitos:

  • Ter residencia efectiva e estar empadroado/a  no concello da Estrada
  • Ter  50 anos ou máis anos ou contar con  valoración de minusvalía. (33% ou máis).
  • Efectuar o pago 30 euros por semestre de actividade. (15 euros por trimestre)

As actividades  iniciaranse o longo da segunda quincena de marzo ata o 15 de decembro, agás nos meses de xullo e agosto. As actividades a desenvolver son:

  • Taller de Xerontoximnasia
  • Taller de Memoria
  • Taller de destreza manual e artística

En cada parroquia desenvolverase 1 taller semanal a elixir entre os ofertados. O taller  a desenvolver será aquel  demandado  pola maioría das persoas inscritas en cada unha das parroquias, facéndose imprescindible a formación de un grupo de 10 ou máis participantes.

As persoas interesadas en participar nestas actividades  deberán presentar a Ficha de Inscrición no Departamento de Servizos Sociais do Concello (Planta Baixa da Casa do Concello) antes do 22 de febreiro do corrente.

Para máis información poden dirixirse o Departamento de Servizos Sociais (de luns a venres en horario de 9 a 13:00) ou chamando o telefono 986 573 265.

11 de febreiro de 2013 | 12:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.