Actividade formativa da aula de novas tecnoloxías de Castrelo no mes de marzo
Neste mes de marzo ademais dos habituais cursos presenciais a aula CeMIT de Castrelo de Miño ofertara tamén cursos online.
CURSOS ONLINE
Cursos ofertados pola rede CeMIT mediante teleformación. Para matricularse é suficiente con pasar pola aula ou enviar un correo electrónico a dinamiza@castrelo.org, máis non é necesario realizalos desde a aula.
NON se dan diplomas.
- Como manexar os nosos datos persoais
- Prevención de riscos laborais no uso das TIC
- Sribus: Elaboración de carteis e folletos
- AbanQ: Xestión empresarial
- Audacity: edición de son
- Klavaro: mellorar mecanografía
- Openshot: edición de vídeo
- Xogos de adestramento mental
CURSOS PRESENCIAIS
MIRADAS DE MULLER
Os días 4, 5 e 6 de 16 a 18 horas a aulas estará reservada para os cursos da iniciativa “Miradas de muller”.
CURSO DE INICIACIÓN A INFORMÁTICA
– Iniciación a informática.
– Correo electrónico.
– Comunicación en tempo real a través de Internet.
– Outros recursos web.
Luns, mércores e venres, dende o luns 11 ata o venres 22 de marzo en horario de 18:00 a 20:00 horas.
CURSO DE INICIACIÓN AO PROCESADOR DE TEXTOS OPEN OFFICE WRITER
– Elaboración de documentos de texto a través do ordenador.
– Liberar de erros gramaticais e ortográficos os escritos.
– Dar formato ao documento.
– Impresión de documentos.
Luns, mércores e venres, dende o luns 25 ata o venres 29 de marzo en horario de 18:00 a 20:00 horas.