publicidade hoxe

A Xunta Local de Seguridade aproba a creación do Comité de Coordinación Policial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalLocal
A-
A+

Nunha reunión que se celebrou na mañá do pasado venres 22 de febreiro no concello da Pobra do Caramiñal, foi aprobada a creación dun Comité de Coordinación Policial.

Esta Xunta Local de Seguridade estivo copresidida polo subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán e o alcalde da Pobra , Isaac Maceiras Rivas. Ademais estiveron presentes a vicesecretaria xeral da Delegación do Goberno, Eva Vázquez, o comandante Xefe da Garda Civil da Coruña, Benedicto González, os comandantes dos postos de Boiro e A Pobra, o tenente alcalde da Pobra, Manuel Fontao, o xefe da Policía Local, Ramón Valiño e o inspector xefe da Policía Autonómica, Antonio Riádigo.

Nesta xornada foi acordada a constitución do Comité de Coordinación Policial, dependente da propia Xunta, que reunirá ós principias responsables dos corpos de seguridade presentes neste municipio. O Comité terá como función o incremento de accións conxuntas na Pobra, sobre todo de cara á chegada de datas estivais, co obxectivo principal de previr que se cometan delitos e fallas.

Ademais na reunión constatouse o bo estado da seguridade neste municipio, segundo se deriva das estatísticas oficiais e os informes proporcionados polos diferentes corpos de seguridade presentes e foi destacada a boa colaboración existente entre a Policía Local e a Garda Civil, con actuacións conxuntas que permitiron a eliminación de varios puntos conflicitivos.

Finalmente, a Xunta acordou convocar unha nova reunión dentro de seis meses no caso de que non haxa circunstancias excepcionais que aconsellen un adianto da mesma.

O Subdelegado do Goberno na Coruña aproveitou esta visita ó municipio pobrense para coñecer as instalacións do posto auxiliar da Garda Civil da Pobra, para o que foi acompañado polo rexedor local e o xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña.

26 de febreiro de 2013 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.