A web lalin.mobi convértese en aplicación para plataformas Android e IOS

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal
A-
A+
Aplicación lalin.mobi

Aplicación lalin.mobi

Os usuarios de android poderán descargar a aplicación “Lalín LKMO” dende o Play Store. O equipo informático que desenvolveu esta plataforma de información sobre Lalín segue a traballar nela, de feito sobe aos store en formato BETA, ou sexa en fase de probas e desenvolvemento como outras moitas ferramentas como o propio MAPS de Google, un dos navegadores máis utilizados na actualidade.

O concelleiro de Novas Tecnoloxías, José Antonio Rodríguez, anunciou que nos vindeiros días os usuarios de teléfonos móbiles android poderán dispoñer nos seus teléfonos da aplicación “Lalín LKM0” na que obter información detallada sobre unha manchea de establecementos comerciais, puntos de interese, etc. do Concello de Lalín. Os propietarios de Iphones terán que agardar aínda unhas datas para a conversión a esta plataforma.

A aplicación, que foi presentada hai unha semana no seu formato para navegadores de internet, pasa deste xeito ás plataformas móbiles como unha aplicación máis como as moitas que hai nos almacéns de aplicacións que ten android.

Na vindeira semana, os usuarios de teléfonos android ou usuarios de tablets cos sistemas operativos de Google poderán descargar nos seus respectivos “store” esta aplicación coa que poder acceder a datos concretos dos distintos negocios da vila, acceder aos seus teléfonos, a ofertas e descontos e nun futuro a axendas e eventos. Os usuarios de android poderán descargar a aplicación “Lalín LKMO”dende o Play Store e así incorporalos aos seus teléfonos intelixentes como unha ferramenta máis.

O edil puntualiza que o equipo informático que desenvolveu esta plataforma de información sobre Lalín segue a traballar nela, de feito sobe aos store en formato BETA, ou sexa en fase de probas e desenvolvemento como outras moitas ferramentas como o propio MAPS de Google, un dos navegadores máis utilizados na actualidade. Superada esa fase de probas, actualizarase nos “store” xa cunha configuración definitiva que se irá actualizando en contidos pero non no formato.

O equipo de desenvolvemento pide a aqueles usuarios que detecten problemas de funcionamento ou eivas que as fagan chegar a través da liña de comentarios dos propios almacéns de aplicacións ou ben na páxina web do Concello para ilos pulindo.

Rodríguez convida tamén a aqueles establecementos ou negocios que desexen formar parte desta información, que a fagan chegar a través de correo electrónico á web do Concello ou ben incorporando os datos no apartado “Anuncia tu negocio aquí”.

O concelleiro de Novas Tecnoloxías agradeceu o esforzo que están a realizar os técnicos informáticos municipais que foron os encargados da migración da web lalin.mobi ás plataformas de teléfonos intelixentes sen que lle custe nin un só euro ao Concello, cando de desenvolvelo unha empresa suporía miles de euros

11 de febreiro de 2013 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.