A solicitude de participación na XI Feira Medieval amplíase ata o día 8 de marzo
O prazo para solicitar a participación na XI Feira Medieval de Monforte, que se celebrará o sábado día 30 de marzo, amplíase ata o venres día 8 do mesmo mes.
Ata o de agora presentáronse 56 solicitudes de instalación de postos, pero algunhas delas teñen pendente achegar parte da documentación requirida. Por este motivo, dende a delegación de Cultura considerouse conveniente ampliar o prazo de inscrición co obxecto de facilitar a entrega da citada documentación e de posibilitar que outras persoas interesadas en participar poidan realizar a solicitude.
Do total das solicitudes presentadas, 25 corresponden a postos de artesanía, 12 a comercio, 11 a gastronomía artesá, e as 8 restantes a postos de alimentación.











