A Policía Local entrega as súas medallas e galóns con motivo do seu patrón

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

A Policía Local celebra o día do seu patrón, o Santo Anxo da Garda, este sábado. Con tal motivo, o Corpo entregará as súas placas e medallas de recoñecemento nun acto presidido polo alcalde compostelán, Ángel Currás.

A proposta do xefe da Policía Local e do concelleiro delegado, este ano as medallas do Corpo, que recoñecen o mantemento durante a vida profesional dunha conduta exemplar ou os méritos contraídos ao longo dun período de tempo, recaerán no oficial Manuel Andrés García Otero, que desempeña o seu labor en Santiago dende 1971; no catedrático de Toxicoloxía da Facultade de Medicina da USC, Manuel López-Rivadulla Lamas; no sarxento 1º do destacamento de tráfico da Garda Civil de Santiago, Miguel Rodríguez Vázquez; no subinspector do Corpo Nacional de Policía de Santiago, Alfonso Martínez Rial; e no funcionario do Concello adscrito á área de circulación José Antonio Suárez García.

Ademais, entregaranse os galóns de mérito a unha serie de axentes do Corpo da Policía Local que se distinguiron polas súas virtudes profesionais e humanas ao longo do último ano. Nesta ocasión serán para José Manuel Sampedro Alcalde, Marcos Iglesias Martínez e Manuel Curros Esperante.

A concesión de medallas e galóns está recollida no Regulamento do Corpo da Policía Local de Santiago de Compostela no seu título V dos premios e distincións, concretamente nos artigos 46 e 44.

27 de febreiro de 2013 | 10:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.