A Policía custodia 27 obxectos perdidos en 2012 que non foron reclamados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

As persoas que crean ser donas dalgún destes obxectos poden pasar a requirilos polas dependencias da Policía Local, sitas no baixo do Concello. Antes de proceder a súa entrega, practicaránselle as correspondentes comprobacións a efectos de garantir a propiedade dos mesmos.

La lista dos obxectos que, por un lado, non foron reclamados e, por outro, que non se puido contactar cos seus donos, componse por 6 carteiras e monedeiros; 5 teléfonos móbiles, 2 reloxos, 5 documentos diversos (DNI, tarxetas bancarias… das que non se localizaron aos seus titulares), 1 vide oconsola portátil, 1 conxunto de obxectos infantís (cadeira de paseo, porta-bebés, cadeira do coche…), 1 cadeira de paseo de bebé, 1 bicicleta tipo montaña, unha xoia (cadea), 2 pares de gafas, un bolso tipo mochila con obxectos persoais no seu interior e un lote composto por gran cantidade de chaves de varios tipos.

11 de febreiro de 2013 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.