A música do conservatorio iniciou o carnaval en O Carballiño

Instante da representación
Máis de 300 carballiñeses gozaron da música interpretada polos alumnos do Conservatorio e Escola de Música, que ofreceron un concerto onde demostraron a súa evolución durante o primeiro trimestre do ano.
Xunto aos alumnos tamén estiveron os profesores dos dous centros, acompañando nalgunhas pezas. Todos, alumnos e profesores, disfrazados, animaron o carnaval carballiñés poñendo a primeira actividade do programa deste ano.
Os aplausos do público sucedéronse tras cada actuación, sendo máis notables no momento en que os alumnos máis pequenos subiron ao escenario.











