publicidade hoxe

A Fundación Paideia abriu o proceso para a selección dun monitor deportivo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMuros
A-
A+

O traballo consiste na organización e execución de obradoiros socio-deportivos para mozos/as alemáns durante 4-6 semanas pola zona do Barbanza, Sar, Muros e Noia.

Búscase unha persoa con formación e experiencia ligada á actividade física e deportiva. Valorarase a experiencia en actividades de lecer e tempo libre.

As persoas interesadas deben enviar o curriculum vitae antes do 27 de febreiro ao correo electrónico: oscar.blanco@paideia.es, asunto: proxecto LA IDA.

Máis información no teléfono: 981 817 000

27 de febreiro de 2013 | 10:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.