A Escola de Nais e Pais celebra a segunda sesión do obradoiro de cociña saudable

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTomiño
A-
A+

Os participantes propuxeron organizar outro taller especialmente dirixido a nais e pais

A Escola Municipal de Nais e Pais celebrou o sábado pasado a 2ª sesión do obradoiro de Cociña Saudable para familias, previsto na programación de actividades desta tempada.

Unha vintena de persoas, entre pais, nais, nenos e nenas, elaboraron baixo as directrices de persoal especializado, receitas doces a base de chocolate, orellas de Entroido, froitas de estación, etc.

A terceira sesión terá lugar no mes de abril e os participantes fixeron a proposta de organizar un novo obradoiro dirixido especialmente a pais e nais.

Acompañaron ás familias a técnica de Educación Familiar, Isabel Ayán, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen salientou a importancia dunha boa nutrición infantil e de manter hábitos saudables neste campo.

20 de febreiro de 2013 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.