publicidade hoxe

A Deputación aportará 80.000 euros para o campo de fútbol de Gallamonde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaMiño
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinou co alcalde de Miño, Jesús Veiga, o convenio de colaboración que formaliza a axuda para as obras de acondicionamento do entorno do campo de fútbol de Gallamonde.

A institución provincial aportará para esta actuación un total de 78.268 euros, o que supón o 80% do orzamento que ascende a un total de 97.834,88 euros.

As actuacións incluídas neste acordo permitirán aglomerar todo o entorno da área deportiva e mellorar o estado dos accesos. Jesús Veiga  agradeceu ao presidente o seu apoio “para que Gallamonde teña un entorno á altura da calidade do seu campo de fútbol” e recordou que é unha obra “moi demandada”.

E que estas instalacións son utilizadas cada día. Entre os usuarios diarios do campo hai máis de 120 rapaces que pertencen ás categorías inferiores do Club Deportivo Miño.

25 de febreiro de 2013 | 20:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.