A compra de audiencia en tempo real, o último en tecnoloxía publicitaria online

Presentación Tic & Tic
O Real Time Bidding, o último en tecnoloxía publicitaria online, consiste na compra de audiencia en tempo real de usuarios que mostran interese por algo. É dicir, permite que si alguén esta buscando un produto ou servizo concreto nun site de calquera tipo, unha empresa que ofreza ese produto ou servizo poda poñer un banner nese site nese momento que a persoa está navegando, ao instante. Este sistema foi dado a coñecer na tarde de onte no marco do salón turístico Turexpo Galicia por, Javier Barreira, CEO (Chief Executive Officer) na empresa Tic & Tic e formador en áreas de marketing on line.
Foi na xornada “Conversacións sobre o uso de ferramentas e tecnoloxías avanzadas para volver a vender viaxes, servizos e experiencias”, na cal este experto debullou as vantaxes deste sistema, que está a ser unha revolución en EE.UU, e que resume en que “aparece o anuncio correcto no lugar correcto ao usuario correcto”
No transcurso da súa intervención tamén explicou aos asistentes moitas outras ferramentas e tecnoloxías avanzadas de gran interese para a promoción online no sector do turismo. Así, falou do Performance Digital Mark, un sistema basado no pago por resultados que é susceptible de ser aplicado a calquera soporte; do Email Marketing, un tipo de publicidade consentida polo usuario, personalizable segmentable e interactiva; dos Buscadores, e dos Medios Sociais, dos que destacou que permiten achegarse ao público de interese para unha empresa, escoitalo e conseguir novos clientes e prescriptores.
Tic&Tic
Esta compañía dedícase 100% ao marketing online e dispón dun laboratorio que se encarga de levar ideas ou empresas tradicionais a internet. Pola súa banda, Javier Barreira, cofundador de Tic&Tic, conta xa cunha longa traxectoria na que ten colaborado en estratexias de marketing online en contas como Nokia, Samsung, Groupalia, Purificación García, Xunta de Galicia, Pull&Bear, Bimba&Lola, Kill Paff e Pizza Móvil, entre outras.











