A Área de Prevención do SPAD leva ao cine a 67 alumnos das escolas unitarias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

Área de Prevención do SPAD puxo en marcha a principios de curso unha nova edición do programa de prevención de drogodependencias “O cine como elemento de prevención” no que, a través de películas adaptadas ás idades do alumnado dos centros de Infantil e Primaria, traballan, de xeito divertido e dinámico, valores e hábitos positivos que favorezan o bo desenvolvemento persoal dos cativos e sirvan para forzar a súa personalidade, de xeito que, chegado o caso, sexan quen de dicir non ás drogas, xa sexan substancias estupefacientes ou alcohol.

O programa comezou no primeiro trimestre do curso polos alumnos de Primaria nos colexios do municipio. Nos diferentes ciclos deste nivel educativo, as actividades desenvolvéronse directamente nos colexios, onde se proxectaron as películas adaptadas a cada grupo de idades e onde se fixeron as actividades complementarias.

Os alumnos de Infantil das escolas unitarias de Solobeira, Guillán, Aralde-Sobrán, Vilar e Pdrouso (ámbalas dúas en Bamio), desprazaranse en autobús ata o Auditorio para asistir á proxección de “Kirikú e as bestas salvaxes”. Esta película forma parte dunha serie moi premiada no seu día e que protagoniza Kirikú, un neno diminuto e moi especial, membro dunha tribu africana. A través das fábulas que se relatan no film, os alumnos poderán traballar e entender aspectos como a liberdade, o crecemento eprsoal, a confianza en un mesmo, a solidariedade, o traballo en equipo, o respecto ás culturas diferentes, a defensa da natureza e o medio ambiente, a cultura da paz e a convivencia.

Sinopse

O avó, no seu trono da gruta azul, cóntanos como Kirikú ten que buscar o valor, a astucia, o amor e a xenerosidade que se esconden no seu interior e que lle axudaran a triunfar na súa loita contra o mal. Para logralo, o pequeno neno africano converterase en oleiro, detective, xardineiro, comerciante e ata médico. Nas catro aventuras da película: veremos ao noso heroe, pequeno e Valente, pelexando coa terrible Hiena Negra, enfrontándose ao misterioso búfalo dos cornos de ouro, viaxando sobre unha xirafa… e mesmo disfrazado de fetiche!.

22 de febreiro de 2013 | 12:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.