Programación do Entroido de Marín
Día 07 de febreiro, xoves
Conferencia: “O entroido e os praceres da carne” a cargo de don Santiago Mariño Ferro, antropólogo da Universidade de Santiago, presentado por Lois González Dopazo, organizado por el Club de Opinión PORTECELO.
Lugar: Museo Municipal M. Torres
Hora: 20:00 horas.
Dia 09 de febreiro, sábado
15.30 h: Inscrición Desfile Infantil na Alameda Rosalía de Castro, no Palco da Música.
16.30 h: Desfile infantil, polas seguintes rúas, rúa Real, praza do Reloxo, Porta do Sol, Doutor Touriño, Avda. Jaime Janer, e para rematar, gran festa infantil na alameda.
Dia 10 de febreiro, domingo
10.30 h: CICLOMARCHA, con percorrido urbano, viario de praias ata Seixo, regresando á alameda para escoitar o pregón. Poderase ir disfrazado, sempre e cando non afecte a seguridade do ciclista.
12.00 h: Concentración das comparsas de Marín na alameda.
12.50 h: Saída do Concello, a corporación acompañada por “Os Jalácticos”
13.15 h: Pregón, amenizado pola charanga “Os Jalacticos”.
17.00 h: Gran Desfile de disfraces e carrozas, comezando na Avenida de Ourense con remate no Parque Eguren. A concentración dos/das participantes será ás 16.00 h na praza do Regueiro, diante da “Casa Pilán”, para desfilar polas seguintes rúas: praza do Regueiro, avda. de Ourense, praza de España, rúa Almuiña, avda. Jaime Janer, rúa Concepción Arenal, para rematar no Parque Eguren.
Día 11 de febreiro, luns
12.00 h: Festa do Merengue na Lameiriña, organizada por “Amigos dos Rapaces”.
17:30 h. Festa infantil con verbena, na Lameiriña, organizado por “Amigos dos Rapaces”.
Día 12 de febreiro, martes
Entre as 18.00 e 19.00 h: Presentación das orellas e filloas ao Concurso de Filloas e Orellas organizado polo Ateneo Santa Cecilia.
20.30 h. : fallo e entrega dos premios.
22.00 h: Baile de Fachas no Multiusos, haberá un sorteo para os participantes no que acadarán un obsequio pola súa asistencia. Día 13 de febreiro, mércores
18.30 h: Velatorio no Palco da Musica.
__:00 h: Enterro da Sardiña, misa solemne ——————— e despedida ao mar.
Dia 16 de febreiro, sábado
12.00 h.: Biblioteca Municipal Vidal Pazos: Espectáculo de títeres e Obradoiro de máscaras:
A actividade de espectáculo está enfocada a tódolos públicos e non ten ningunha limitación no número de participantes; pero as actividades de obradoiro están limitadas a un grupo de 20 nenos, polo que será preciso unha previa inscrición.
1. Para comezar, os nenos serán espectadores dunha das montaxes de Tarabelos:
“O traxe Novo do Rei” (Versión do conto “O traxe novo do emperador” de Andersen)
Técnica: Narración ilustrada con títeres de boca, títeres de mesa e miniaturas.
Duración: 45 minutos.
Sinopse:
Un traxe especial, para un rei especial. Aquel traxe novo e máxico prometía ser un capricho inigualable, e unha ferramenta perfecta para saber o nivel de intelixencia de calquera habitante da corte; pero ¿Podería ser certo?, ¿funcionaría?; de algún xeito si, pero non como el o esperaba.
2. Despois do espectáculo pasamos ó “Obradoiro de máscaras” onde os nenos terán plantillas para recortar de todos os personaxes desta historia coa caracterización dos títeres do espectáculo. Unha vez elixido o personaxe faremos a decoración pintando e decorando con telas, las, cartolinas, etc. a máscara ó gusto de cada un.
Duración: 1 hora aproximadamente.
Duración: 1 hora 45 minutos aproximadamente.
16.30 h: Entroido en Seixo, organizado pola Asociación Cultural Ronsel, saída desde a gasolineira, e ao chegar a Alameda de Seixo, baile de disfraces e entrega de premios.
Dia 17 de febreiro, domingo
12:00: O bolo do Pote, Urralas olas e máis xogos populares, na alameda Rosalía de Castro, organizado pola “Asoc. Cultural Fentos e Froumas”, a cargo de Asoc. Cultural de Santo Tomé de Piñeiro.
Día 3 de marzo, domingo
17.00 h. Entroido en San Xulián, organizado por “Os de A Caña”. Saída desde S. Pedro ata o Igrexario.











