Solicitudes para o Programa de Termalismo Social
O Concello de Trabada pon en coñecemento de tódolos/as veciños/as que o Instituto de maiores e Servizos Sociais, convoca prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de TERMALISMO SOCIAL.
Poderán participar no nomeado programa as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
• Pensionistas do Sistema da Seguridade Social que teñan 60 anos cumpridos.
• Poder valerse por si mesmos para o desenrolo das tarefas da vida cotiá, e non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidades infecto-contaxiosas.
O prazo de presentación de solicitudes será o seguinte.
• Para os turnos dos meses de febreiro e agosto, ambos incluídos:
*con prioridade na adxudicación de praza ata o 16/01/13.
*para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de espera: ata 16/05/13.
• Para os turnos dos meses de setembro ao mes de decembro, ambos incluídos:
*con prioridade na adxudicación de praza ata o 16/05/13.
*para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de espera: ata 30/10/13.
Para maior información, así como para axuda na tramitación de solicitudes, no Concello.