Ribadumia súmase á rede de distribución de gas natural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadumia
A-
A+

A Consellería de Economía e Industria vén de asinar con Gas Galicia un convenio de colaboración que permitiu achegar o subministro de gas natural ao núcleo urbano de Ribadumia. A actuación, que se encadra dentro da construción dunha rede de distribución de case 7 quilómetros, comprendeu neste primeira fase unha canalización de máis de 3 quilómetros a través das principais rúas do núcleo urbano deste municipio pontevedrés.

Deste xeito, a localidade conta xa con subministro de gas natural nas rúas Mimosas, Loureiro, Espadeiro, Valle Inclán, Alvar, Rosalía de Castro e Bouza Martín, configurando unha rede que, apoiada pola Xunta, beneficia a preto do 80% dos fogares, comercios e industrias da localidade.

Así mesmo, a infraestrutura favoreceu unha mobilización de investimentos próxima aos 340.000 euros. Deste xeito, o Goberno galego continúa co desenvolvemento dunha política enerxética na que a gasificación da Comunidade se considera prioritaria para avanzar na mellora da calidade de vida e da competitividade económica de Galicia.

14 de xaneiro de 2013 | 13:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.