Proxección do filme “As Neves do Kilimanjaro” na Casa da Cultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRedondela
A-
A+

O Cineclub internacionalista de Redondela organiza, o venres, 25 de xaneiro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Redondela, unha proxección e un coloquio a seguir.

O filme que se exhibirá será “As neves do Kilimanjaro” (2011), do director francés Robert Guédiguian, protagonizada por Ariane Ascaride, Jean-Pierre Darroussin e Gérard Meylan.

O argumento desenvolve a historia de Michel que, malia ter perdido o seu traballo, vive feliz coa súa muller, Marie-Claire, dende hai trinta anos. Os seus fillos e netos énchennos de alegría, e teñen amigos moi próximos. Están orgullosos das súas actividades sindicais e políticas, e as súas conciencias son tan transparentes coma as súas miradas.

Pero ese benestar salta polos aires cando dous homes armados e enmascarados os golpean, átanos e fúganse coas súas tarxetas de crédito.

14 de xaneiro de 2013 | 13:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.