Presentación da Guía Básica de Servizos Náuticos de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalLocal
A-
A+

O venres ás 13:30 h. recibíu o alcalde da Pobra, don Isaac Maceiras Rivas, ó presidente de Portos de Galicia, don José Juan Durán Hermida, para presentar a Guía Básica de Servizos Náuticos de Galicia, editada polas autoridades portuarias en colaboración da Xunta de Galicia.

No acto, celebrado no Auditorio do Museo Valle-Inclán, estiveron tamén presentes o Presidente de ASNAUGA (Asociación de Náuticos de Galicia), don Javier Ruíz de Cortázar, e o Presidente do Náutico O Caramiñal, don Manuel Castillo, ademais de representantes de tódalas entidades náuticas da bisbarra.

Ante os asistentes explicaron que a guía quere ante todo ofrecer información útil de apoio ós navegantes e informar dos servizos de cada un dos distintos portos galegos, acceso ós mesmos, roteiros,… Pero ademais quere tamén ser un apoio turístico que ofrece información sobre recursos arqueolóxicos, históricos, comerciais,…

Trátase da primeira guía desta índole que se publica en Galicia, editada en galego, castelán e inglés; ademais pode consultarse na web de Portos de Galicia, www.portosdegalicia.es

15 de xaneiro de 2013 | 12:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.