A solidariedade de Dodro

Participantes na actividade
O 24 de decembro celebrouse a IV Xornada benéfica deportiva do Concello de Dodro. Os veciños do concello respostaron masivamente a esta chamada, recollendo gran cantidade de alimentos non perecedeiros que xa foron distribuidos pola concellería de servizos sociais e igualdade entre as familias que o necesitan.
Durante a xornada, que tivo lugar no Polideportivo municipal, os nenos/as do concello xogaron e bailaron ata fartar, tiveron obradoiros e talleres, hinchables e un futbolin.











