Oroso ofrece cursos de “Danza do Ventre” e “Reflexoterapia Podal”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOroso
A-
A+

O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición en seis cursos formativos e de ocio, que terán lugar entre os meses de febreiro e maio no centro cultural de Sigüeiro. Unha oferta formativa que este ano conta con dúas interesantes novidades: danza do ventre e reflexoterapia podal. As inscricións deberán formalizarse antes do vindeiro 30 de xaneiro no centro cultural de Sigüeiro, no 981 69 09 03 ou a través do seguinte enlace: www.concellooroso.com

Das dúas novidades deste ano, o curso de Reflexoterapia Podal terá unha duración de 26 horas, distribuídas nas mañás dos sábados entre febreiro e abril, e un custo de 45 euros semanais. Nel, os alumnos aprenderán os segredos destas masaxes nas plantas dos pes e que proporcionan beneficios a todo o corpo. Ademais, recibirán un diploma de asistencia (sen valoración académica). No caso do curso de Danza do Ventre, terá unha duración de 120 horas e está dirixido a maiores de 16 anos. As clases terán lugar os mércores, de 18:00 a 19:00 horas, dos meses de febreiro, marzo e abril. O prezo aínda está por determinar.

Outros cursos

A oferta do Concello de Oroso inclúe tamén un curso de Coidado Persoal e Maquillaxe, que terá unha duración de 26 horas. Dirixido a maiores de 16 anos, terá un cose mensual de 15 euros (material incluído) e as clases celebraranse todos os luns, de 19:00 a 21:00 horas, entre febreiro e abril. Durante ese mesmo trimestre celebrarase tamén o curso de Bixutería de Vitrofusión, que ten unha duración de 24 horas. Neste caso, o prezo é de 20 euros mensuais (material non incluído) e as clases terán lugar os martes, de 10:00 a 12:00 horas.

Así mesmo, o Concello de Oroso mantén dous dos cursos tradicionais e con máis seguidores. Así, os máis pequenos poderán disfrutar un ano máis do curso de Debuxo e Pintura desenvolverase entre febreiro e maio. Haberá dous grupos, de acordo coas idades dos alumnos. Así, os rapaces de 4 a 8 anos terán clase os luns, de 17:00 a 19:00 horas; mentres que os maiores de 9 anos asistirán a clase os venres, de 17:00 a 19:00 horas. En ambos casos, a cota é de 35 euros mensuais. Finalmente, o curso de Labores, ganchillo, calceta, punto de cruz e todos os puntos de bordados a man celebrarse os xoves, de 17:00 a 19:00 horas. O prezo é de 20 euros mensuais (material non incluído) entre os meses de febreiro e maio.

15 de xaneiro de 2013 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.