Oitenta veciños visitan Xuvenlugo
Oitenta veciños e veciñas de Frades participaron nunha excursión organizada polo Concello de Frades a “Xuvenlugo”, unha feira que inclúe diversas atraccións e xogos dirixidos ao público infantil e xuvenil. Unha viaxe na que estiveron acompañados polo concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro. O Concello de Frades puxo un autobús e un microbús de balde para todos os veciños e veciñas empadroados no municipio, mentres que os non empadroados tiveron que aboar unha cuota de 3 euros.











