O trompetista Moisés Lorenzo grabará un disco solista
A alcaldesa e a concelleira de Cultura felicitárono pola importancia do galardón, disputado entre os 15 músicos Galegos que remataron a súa carreira superior con sobresaínte ou matrícula de honra
O trompetista mosense Moisés Lorenzo Alonso, profesor da Escola Municipal de Música de Torroso e integrante da tamén mosense agrupación musical, Turre’s Band, proclamouse recentemente gañador da VII Edición do Premio á Excelencia Musical Mans Futuro 2012, obtendo o segundo premio. O primeiro premio recaeu en Francisco Gabriel Peso Bajo (Piano Jazz) do Conservatorio superior da Coruña e o terceiro premio en Margarita Campos Espiño (Flauta Travesera) do Conservatorio superior de Vigo.
Moisés foi recibido esta mañá no Concello pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a edil de Cultura, Sara Cebreiro, para trasladarlle as felicitacións e todo o apoio e o orgullo que o seu logro lle proporciona á administración local, á Corporación Municipal e a todo o pobo de Mos.
O Premio á Excelencia Musical Mans Futuro 2012 celebrouse na Fundación Paideia, onde 15 músicos realizaron as súas respectivas audicións para acadar a victoria que lles permitise grabar o seu primeiro disco.
Os participantes no concurso foron alumnos dos conservatorios superiores de música galegos, con sobresaínte ou matrícula de honra no seu concerto de fin de carreira. Estes premios están convocados pola Fundación Paideia Galiza en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Moisés Lorenzo fixo a súa audición o día 4 de decembro pola mañá acompañado ó piano por Alejo Amoedo e interpretaron o Concerto para Trompeta e Piano de V.Brandt e as Variacións sobre un tema de Norma de Bellini arreglado por J.Arban para Corneta e piano.
Tras unha interpretación de 20 minutos, Lorenzo conseguiu o premio da grabación dun disco solista no que estará novamente acompañado por Alejo Amoedo ó piano. No CD que grabará incluiranse as dúas obras que tocou durante o concurso. A grabación levarase a cabo o vindeiro mes de xaneiro nos Estudios Mans da Coruña.
O obxectivo deste concurso é o recoñecemento do esforzo dos estudantes dosconservatorios de música de Galicia, ademais de servir como proxección para os xoves talentos talentos Galegos. Os cinco primeiros clasificados obtiveron sendos premios consistentes na grabación e promoción de mil discos no estudio de grabación Mans. O xurado do concurso estivo presidido polo compositor José Luis Turina, director da Xoven Orquesta Nacional de España e Premio Nacional de Música, Mª Teresa Bárbara Criado, asesora de Música e Artes Escénicas da Xunta de Galicia, e Javier Viceiro Filgueira, profesor e director musical.
Currículo do artista
Naceu en Mos é pertenceu a varias orquestras sinfónicas coma a orquestra sinfónica xuvenil de Lisboa (Portugal), a Orquestra Xoven Oviedo Filharmonía, a Orquesta Xoven da Sinfónica de Galicia, e a Orquesta Xoven de Vigo.
Colabora habitualmente con bandas de música populares de toda Galicia e Portugal e bandas profesionais coma a Banda Municipal de Ourense, a Banda Sinfónica Portuguesa e a Banda Sinfónica de Vigo. Ó igual que tamén colabora con orquestras sinfónicas coma a Orquestra Filarmónica Cidade de Pontevedra, a Orquestra Sinfonietta de Oporto, a Orquesta Nacional de Oporto e a Orquesta Sinfónica de Galicia.
Moisés Lorenzo foi dirixido por importantes directores como: Javier Viceiro, Francisco Navarro, Harry Lith, Antonio Saiote, Victor Pablo Perez, Marcello Panni, Christoffer Bochmann, Francisco Perez, Rubén Gimeno, Marcel Van Bree, entre outros.
En febreiro de 2011 obtivo o 2º premio no Concurso Nacional de Trompeta “Alnafir” celebrado en Sevilla e organizado pola Asociación de Trompetistas de Andalucía.
En outubro de 2012 accedeu á Accademia Internazionale I Musici Di Parma (Italia), onde estudia un master en interpretación solista e orquestal da trompeta e música de cámara, na clase do profesor Andrea Lucchi (Trompeta Solista da Orquesta Sinfónica Santa Cecilia de Roma).
Actualmente traballa como músico Freelance e imparte clase de trompeta e música de cámara nas Escolas de Música de Mos, Arcade, Arbo e Tenorio.











