O servizo móbil da ITV visitará Cedeira este venres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraLocal
A-
A+

O Concello xestionou a presenza dunha unidade móbil que permitirá aos residentes pasar as inspeccións na propia vila sen ter que desprazarse a Ferrol. A unidade regresará de novo ao municipio o vindeiro luns, 7 de xaneiro

Os veciños e veciñas de Cedeira xa poden realizar a revisión periódica dos seus vehículos na propia vila, evitando así ter que desprazarse ata Ferrol. Tras as xestións realizadas polo Concello, unha unidade móbil da ITV desprazaráse este venres á vila para facilitar as inspeccións e regresará de novo o luns, 7 de xaneiro. Todas aquelas persoas interesadas en beneficiarse do servizo aínda poden pedir cita previa chamando ao teléfono 881 920 977 e concretar o horario. A unidade móbil ubicaráse no Camiño Real da Magdalena, frente aos restaurantes A Revolta e O Areal. Un espazo de fácil acceso e gran mobilidade emprazado en pleno paseo marítimo da vila. Alí permanecerá en horario de mañá e tarde (de 9 a 13,30 horas e de 15,15 a 18 horas). O día 7, pola mañá estará ata as 13 horas.

Así mesmo, dende o Concello infórmase de que a citada unidad móbil regresará á vila nos meses de abril e setembro. Os vehículos que poden beneficiarse da medida son tanto os lixeiros como cuadriciclos (masa menor ou igual a 3.500 quilogramos). Isto é, turismos, quads e coches que non precisan carnet para a súa conducción. Precisamente, a medida será especialmente ventaxosa para estes últimos. Ademáis, a vila tamén recibirá a visita da unidade móbil da ITV Agrícola no mes de marzo para realizar as inspeccións deste tipo de vehículos.

2 de xaneiro de 2013 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.