publicidade hoxe

O presidente de Sogama ofrece unha charla sobre reciclaxe o día 29

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLourenzá
A-
A+

O salón de actos da casa de cultura de Lourenzá acollerá o día 29 deste mes, martes, unha charla sobre a reciclaxe de residuos, que correrá a cargo do presidente de Sogama, Luis Lamas.

A alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, explicou que “tendo en conta que a través da Mancomunidade de Municipios da Mariña lucense se procedeu a xestionar a colocación de colectores para reciclaxe de aceite doméstico e no noso caso, no concello de Lourenzá, vanse colocar tres, pareceunos oportuno facer unha charla dirixida a tódolos usuarios que leva por título A reciclaxe, un logro que nos implica a todos. É unha charla que vai ser impartida por Luis Lamas Novo, que é o presidente de Sogama e será o vindeiro día 29, martes, ás sete e media da tarde no salón de actos da Casa da Cultura do noso concello. A entrada é libre pero vai destinada fundamentalmente ás amas de a casa e a todas as persoas que xeran residuos no seu domicilio”.

Emma Álvarez destacou a importancia de reciclar os residuos “non soamente polo futuro das próximas xeracións, senón tamén polo aforro que iso implica aos concellos”.

14 de xaneiro de 2013 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.